Tuesday 21 de May de 2024

Calcinados colectores de lixo na rúa Fernández Varela, no Concello da Pobra do Caramiñal


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira acudiron ás 00:42 horas desta madrugada a un incendio en colectores do lixo na rúa Fernández Varela, no Concello da Pobra do Caramiñal.

Na chegada ao lugar identificouse que o lume afectaba a catro colectores qeu se atopaban moi próximos a vehículos que estaban estacionados alí, polo que se procedeu á extinción das chamas antes de que se ocasionaran danos nos automóbiles.

No operativo participaron tamén a Garda Civil de Boiro e Protección Civil da Pobra do Caramiñal.